BÁDMINTON. REGULAMENTE, TÉCNICA E TÁCTICA

INSTALACIÓNS E MATERIAL:


A pista consiste nun rectángulo trazado con líneas de 40mm de ancho, os postes deben medir 1,55m de alto, a rede debe ter 760 mm de anchura e polo menos 6,1 metros de largo. O campo de largo mide 13,40m e de ancho 6,10m, e o total do cuadro de saque é 3,88mm. 





O volante, pode ser unha pluma natural ou sintética, que estará composta dunha base de corcho cuberta cunha fina capa de coiro.




A raqueta, componse de un mango que é a parte na que o xogador vai poder agarrala, as cordas son a parte coa que o xogador golpea o volante, e a cabeza rodea a área das cordas.


REGULAMENTE:

Antes do comezo dun partido, realizarase o sorteo, no que o gañador elixirá si saca ou recibe e o lado da pista no que xogará primeiro.

Un partido por norma xeral xogase ao mellor de 3 xogos e a 21 puntos, si ambos empatan a 20 iguales gañará o primeiro que consiga unha diferencia de dous, si se da o caso que chegan a 29 iguales, o que consiga o punto número 30 vencerá o xogo. O lado que gana sacará no seguinte xogo.


Os xogadores deberán cambiar de lado, ao final do primeiro xogo e do segundo. Se houbese tercer xogo, o lado que chegue a 11 puntos deberá cambiarse.

Para facer un saque correcto, non se deberá retrasar o saque cando os xogadores estén ben colocados, o servidor e o receptor deben estar colocados diagonalmente opostos dentro dos seus cadros de saque.O servidor debe golpear a base do volante e a altura non pode superar os 1,15m cando inicia o servidor o seu saque.

En individuais, cando o servidor leva 0 puntos ou par, o saque executase do lado dereito e cando é impar, dende o lado esquerdo. 




No xogo de dobres, o xogador do lado servidor sacará dende a dereita cando non leve ningún punto ou o número sexa par, e dende o lado esquerdo cando sexa impar. O xogador do lado receptor debe quedarse no lado que sacou . O xogador que se encontra situado en diagonal ao saque será o receptor. Non deberán cambiar o cadro do saque hasta o momento no que ganen un punto e teñan eles o servizo.




Posibles faltas:

No saque, si o volante queda atrapado na rede, si o golpea o compañeiro do receptor.

Si durante o xogo, o volante non supera a rede de ningunha maneira, cae fora dos límites da pista, golpea o teito ou a parede, queda enganchado nas cordas da raqueta e despois pasa a rede, si é golpeado duas veces polo mesmo xogador ou polos dous xogadores do mesmo equipo (en dobres).

Si durante o xogo, un xogador toca a rede de calquer maneira, si invade o campo rival por encima ou por debaixo da rede coa raqueta ou o corpo, si distrae considerablemente ao rival por medio dunha acción descarada.


TÉCNICA:


*Saque*


O saque é un golpe defensivo e pode ser corto ou largo, tanto de dereito como de revés ambolos saques.

Neste video podemos apreciar como se realiza un saque largo tanto de dereito como de revés:


Como se pode apreciar, a execución do saque largo ten como intención que voe hasta o final da pista e o mais alto posible.


Saque corto de revés:


saque corto de dereito:


O saque corto ten como obxectivo que caiga o máis cerca a línea de saque corto en diagonal e pegado a rede.


Drive:

Consiste nun golpe ofensivo no que o volante debe pasar o máis cerca á rede, executase normalmente desde media pista e a media altura.



O golpe de revés podemolo atopar na mayoría de golpes, pero o máis común é o drive de revés.




Clear: 

Golpe que consiste en enviar o volante ao fondo do campo contrario con unha certa parábola.








Smash:

Consiste nun golpe ofensivo e potente cunha traxectoria dende arriba ou moi arriba cara abaixo .










Lob:

Tamén chamado globo, é un golpe defensivo cunha traxectoria que vai dende a parte dianteira do campo ao fondo do campo contrario e a súa execución realizase dende unha altura media ou baixa.









Deixada:

Hai dous tipos de deixadas, deixada altabaixa.


Alta

É un golpe no que se realiza un amago de remate para posteriormente facer unha deixada e a traxectoria é unha parábola pronunciada cerca da rede.




Baixa

Consiste nun golpe ofensivo no que o volante debe pasar o máis pegado posible a rede para que caiga cerca, súa traxectoria é de abaixo a arriba e a intención é atraer ao rival.




TÁCTICA:


“A táctica é o proceso no que se conxugan todas as posibilidades físicas, técnicas, teóricas, psicolóxicas e demáis, para dar unha solución inmediata ás distintas situacions imprevistas e cambiantes que se crean en condicions de oposición”. (Ms.C. Alain Álvarez 2002).


Principios e sistemas básicos no xogo:

  • Xogar ao revés do contrario
  • Xogo en paralelo ou cruzado
  • Análisis de puntos débiles
  • Cubrir zonas débiles
  • Compensar o xogo, equilibrio
  • Desprazar ao contrario
  • Aproveitar o servizo
  • En situacións defensivas, xogar alto e largo
  • Facer uso do xogo das catro esquinas
  • gañar a rede
  • Xogar con rapidez e precisión
  • Variar o xogo



En individuales, os xogadores deben controlar o medio do campo, é dicir, por cada golpe feito débese volver rápidamente ao centro para así non carecer en deixar demasiado espacio donde o rival pode facer punto con máis facilidade. Durante o partido, os rivales deberán valorar os puntos débiles do contrario, usar os golpes que mellor se adecúen á situación, si o rival ten un xogo máis defensivo tratarase de movelo o máximo posible (mediante amagos de golpeo e fintas), contra un máis ofensivo deberase realizar máis deixadas e golpes ao fondo da pista.



En canto a dobres, os xogadores poden adoptar dúas posicións fundamentales no campo.


Ataque polo centro


Nesta disposición, os membros do equipo atacan ambos nunha posición centrada.


 

Ataque paralelo


Podemos apreciar que os xogadores forman unha posición máis equilibrada e tradicional, para así poder tapar cada un o seu lado. É a táctica máis empregada polos xogadores principiantes.




bibliografía:

https://www.badminton.es/page/7854/ARBITROS-Reglas-Normas

https://youtu.be/mvdIh5E_opU

https://blog.playo.co/badminton-4-service-variations-that-can-help-your-game/

https://youtu.be/cjrOigLjiaU

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOTIVACIÓN Y AUTOCONFIANZA

 La autoconfianza es la convicción de realizar todo lo que una persona se proponga ante las dificultades que aparezan. Podemos distinguir t...