TENIS DE MESA: REGULAMENTO, TÉCNICA, TÁCTICA, INSTALACIÓNS E MATERIAL

INTRODUCCIÓN

O tenis de mesa non ten unha orixe clara e concreta. Parece ser que surxiu por casualidade nalgún clube de tenis do Reino Unido, durante a década de 1870, nun día choivoso no que non se podía xogar no exterior, entonces idearon unha especie de tenis en miniatura, utilizando unha mesa de billar.


En 1926, en Londres, constituiuse a Federación Internacional de Tenis de Mesa (International Table Tennis Federation, ITTF), emprendendo a tarea de organizar o primeiro Campeonato do Mundo,no que participaron Hungría, Austria, Inglaterra, India, País de Gales, Checoslovaquia e  Alemania.O primeiro vencedor foi o húngaro R. Jacobi. A participación femenina foi moi baixa, pois  reduciuse a catorce xogadoras: 11 inglesas, 2 austríacas e 1 húngara.

O Comité Olímpico Internacional (COI) reconoceu o tenis de mesa como deporte olímpico en 1977, ainda que o seu debut oficial non tuvo lugar hasta 1988 en Seúl.

En España as distintas competicions (superliga e campeonato de España) están organizadas pola Real Federación Española de Tenis de Mesa.
A mayoría dos clubes españoles incorporaron xogadores asiáticos, particularmente chinos; de feito, o mellor xogador da historia do tenis de mesa en España, é o nacionalizado He Zhi Wen (bautizado popularmente como "Juanito") de orixe chino. En canto ao equipo nacional, ocupa o posto vinte do ranking mundial.


 INSTALACIÓNS E MATERIAL

As competicións oficiais realízanse en entornos pechados, normalmente polideportivos ou sitios adaptados con bo espazo.


Tamén podemos xogar de forma amateur en lugares hay aire libre (non é a primeira vez que vemos unha mesa nun parque).





O tenis de mesa como o seu nome indica, xógase nunha mesa rectangular. 

-A superficie de xogo ten unha lonxitude de 2,74m e 1,525m de ancho e encóntrase a 76cm do chan. 



-Os laterais da parte superior da mesa non forman parte da superficie de xogo,

-A superficie de xogo está dividida en dous campos iguais por unha rede vertical en paralelo ás líneas de fondo.

-A línea branca lateral e de fondo miden 2cm cada unha.


A rede:

O conxunto da rede está formado por a rede, suspensión e soportes, mais as fixacións que a amarran á mesa.




A rede está suxeita a cada un dos extremos dos soportes verticais que miden 15,25cm de altura, a parte superior da rede tamén se atopará a 15,25 cm de altura sobre a superficie de xogo.


A pelota:



É esférica, a sua composición pode ser de celuloide ou de un material prástico similar, branca ou naranxa, e mate. Ten un diámetro de 40 mm cun peso de 2,7g.

Podemos clasificar as pelotas en varios tipos según a súa calidade:

  • Sin estrelas: Simple
  • Unha estrela: De calidade inferior
  • Dúas estrelas: De calidade intermedia
  • Tres estrelas: Uso profesional


A raqueta:


-O 85% da raqueta debe ser de madeira natural e a folla debe ser uniforme , plana e ríxida.

-Unha das láminas pode ser reforzada con material fibroso de carbono, vidrio ou papel comprimido.





-O tamaño promedio é de 16,5 cm de largo por 15 cm de ancho, dimensions óptimas para a mayoría de estilos de xogo.

-A folla para golpear pode estar composta de goma de picos normal ou goma de sándwich.


REGULAMENTO

-Un xogador gañará un xogo cando chegue a 11 tantos cunha diferencia de 2 con respecto ao rival. O partido será de un número de xogos impar (3, 5 ou 7) e gañará o que supere antes a metade dos xogos gañados.

-O servizo comeza coa pelota sobre a palma aberta e inmóbil da man libre do servidor para posteriormente lanzar a pelota vertical cara arriba polo menos 16 cm. Cando está descendendo, o servidor golpea a pelota coa intención de que toque primeiro no seu propio campo e posteriormente no campo do receptor (en individuais), mentras que en dobres realízase do mesmo xeito pero cunha dirección en diagonal. 




- O saque rótase cada dous puntos.

-Nun partido de dobres o servizo ten a seguinte orde: 
Comeza a sacar un xogador dous servizos seguidos, posteriormente o receptor do saque sacará despois outras dúas veces ao outro membro da parexa (o que inda non sacou. Rpetirase o mesmo dende o principio ao remate do encontro.

-A orde do xogo en individuais consiste nunha devolución simultánea da pelota, mentres que en dobres o servidor realiza o saque para que chegue ao restador, despois o compañeiro do servidor realiza unha devolución ao outro membro da parexa (cada un ten seu turno), así sucesivamente ata rematar.

Un xogador gaña un punto si a pelota da dous botes ou máis no lado do oponente, si o adversario golpea a pelota e ésta cae fora da mesa sin que bote no outro lado, ou a golpeou o outro xogador, ou si contrincante golpea a pelota e bota primeiro no seu lado da mesa.

-Mentres a pelota esté en xogo non se pode tocar con outra parte do corpo que non sexa a man da pala.

-Non se pode mover a mesa nin tampouco apoiarse sobre ela.

-Non se pode tocar dúas veces seguidas a pelota, senón punto para o rival.

-Se en 10 min o xogo inda non finalizou, aplicaráse a "regra de aceleración" que ten as seguintes características:

O turno de saque alternase en cada servizo e o xogador que recibe, suma o tanto si consegue devolver 13 pelotas antes de que o punto finalice por outro motivo.

-Hay que golpear a pelota na orde establecida (en dobres).



TÉCNICA


Antes de comezar polos golpes en tenis de mesa falaremos sobre os tipos de agarre:

  • Oriental ou de lápiz⇾ O dedo pulgar e índice suxeitan a cara frontal da raqueta e os restos dos dedos na cara traseira.


  • Europeo⇾ A raqueta entre o pulgar e o índice, o resto dos dedos envolven o puño. Neste agarre golpéase a pelota coas dúas caras.




A posición básica é algo fundamental neste deporte, débese estar de pe cos xeonllos flexionados e o peso do corpo recae levemente cara adiante.




Golpes básicos:

  • Drive ou dereita
É o golpe polo que se empeza neste deporte e o máis usado. É o contacto da bola coa parte da pala igual a man coa que agarramos a pá. A dereita para os diestros e a esquerda para os zurdos.






  • Revés
É o golpeo coa parte contraria ao golpe de dereita, polo que temos que cruzar o brazo por diante do corpo para executalo.






  • Saque
-De dereita e de revés



-Cortado




  • Remate
Consiste nun golpe ofensivo no que a bola vai a gran velocidade e normalmente engádese algo de top spin.





  • Bloqueo
É un golpe defensivo que consiste en deixar a pala quieta no sitio para que a bola golpee nela con pouca velocidade e que saia lenta cerca da rede. Pódese usar tamén cando o contrincante se atopa lexos da mesa. A continuación veremos un video do que é un bloqueo e como se realiza.







Según o tipo de efecto que imprimamos a bola podemos falar de:


  • Top spin
Trátase dun golpe ofensivo no que se trata de imprimir á bola un efecto cara adiante cunha gran velocidade. 




  • Back spin

Con este golpe de efecto búscase frenar a bola o máis preto posible á rede, é unha bola baixa e non moi rápida. 






  • Side spin
É o golpe de efecto máis complexo de realizar. Consiste en imprimirlle efecto á bola de forma que esta xire cara ao lado contrario do efecto. Úsase moito nos servizos xa que son difíciles de restar. 






TÁCTICA

Durante un partido son moitos os factores que nos levan a tomar decisións constantemente. 

-Temos que ter claro e dar uso aos nosos puntos fortes.

- Así tamén saber cales son os nosos puntos débiles e non cometer esos erros ou que o noso rival non os ataque, intentar evitalos sobre todo.

- Coñecer e analizar os puntos fortes e débiles do rival. Fixarse no que é bo, golpes, combinacións... Tamen identificar o que máis lle costa no partido e aproveitalo.

-Ter un planteamento do partido ( realizalo prepartido ou tamén dandose conta un durante o xogo), que non nos colla de imprevisto.

-Analizar ao completo ao rival. Se é rápido, se ataca ben, cómo defende, que golpes usa con frecuencia, se ten calidade no golpeo, como é o seu servicio, se arriesga demasiado ou intenta meter máis bolas seguras,etc.


Os tipos de xogos máis comúns por parte dos xogadores son:

Un xogador defensivo, é aquel que realiza golpes precisos e fai cometer erros ao rival, sen forzar seus golpes, o seu golpe por excelencia é o cortado.

Un xogador ofensivo, busca velocidade na bola, golpes fortes e sobre todo con efecto.

Un xogador allround busca un equilibrio, tantos ofensivo como defensivo, usa o top spin e tamén cortados.




BIBLIOGRAFÍA

https://tenismesa.es/es/content/estrategias-de-juego.html#dateti

https://www.rfetm.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOTIVACIÓN Y AUTOCONFIANZA

 La autoconfianza es la convicción de realizar todo lo que una persona se proponga ante las dificultades que aparezan. Podemos distinguir t...