PÁDEL: REGULAMENTO, TÉCNICA E TÁCTICA

INTRODUCCIÓN

O pádel naceu en Acapulco (México) en 1969 cuando Enrique Corcuera adaptou un terreo da súa finca de 20 x 10 metros colocando paredes nos fondos e laterais, en principio para que a vexetación non invadira a súa pista. Xogábase con palas de madeira e recibía o nome de Paddle-Tenis.

Unhos anos máis tarde, en 1974Alfonso de Hohenlohe viaxa a México invitado por o seu amigo Enrique. Durante a súa estancia interesase pola práctica dese deporte novo recén creado. Seu entusiasmo por esta nova actividade non se fixo esperar. Á volta a España, tras analizar e perfeccionar algunhos detalles, construye as dúas primeiras pistas en Marbella Club. Así a historia do pádel foi dando seus primeros pasos.

En 1993 o pádel consolidase como modalidade deportiva tras o reconocemento do Consello Superior de Deportes.



Aquí podemos ver unha imaxe da primeira pista de pádel creada.



Esta é unha foto dunha pista de pádel na actualidade.



INSTALACIÓNS E MATERIAL


-A área de xogo é un rectángulo de 10 metros de ancho por 20 metros de largo.

-O interior da pista tamen ten que cumplir cunhas medidas específicas. Entre a parede e a línea de saque ten que haber unha distancia de 3 metros. Ademáis, cada línea da pista deberá ter un grosor concreto de 5 cm. Estas teñen que ser brancas ou de unha cor que as fagas perfectamente distinguibles da superficie da pista.

-O perímetro da pista está cerrado por catro paredes. A altura de cada unha destas paredes ten que ser de 3 metros como mínimo. As paredes laterais poden ter unha forma rectangular de 3 metros de altura e 4 metros de lonxitude en escalón, según o tipo europeo.

-Os fondos teñen que ter unha altura mínima de catro metros. Poden estar fabricados con distintos materiais: parede estándar, cristal ou prástico. Ademáis, o regùlamente tamén ofrece a posibilidade que os primeiros metros sexan deste material e que os restantes seaxn de valla metálica.




-Na superficie podense usar tres materiais: céspede sintético, cemento ou moqueta. Tanto o céspede como a moqueta é bo que teñan un pouco de arena especial para que así o movemento na pista sexa máis fácil. As cores de la superficie poden ser, reglamento en man, azul, verde ou pardo-terroso.

-A rede de pádel debe ter unha lonxitude de 10 metros de largo e unha altura entre 0,88 e 0,92 metros.

-A altura mínima libre será de 6 metros en toda a superficie da pista, sin que exista ningún elemento que invada dito espacio (Ejemplo: focos). Para as novas construccions  suxirese que a altura mínima libre sexa de 8 metros en toda a superficie da pista, sin que exista ningún elemento que invada dito espacio.


PISTA OUTDOOR


PISTA INDOOR


-A PALA E A PELOTA:




A pala divídese principalmente en cabeza e puño.




-O largo total da pala non pode exceder sobre 45,5 cm.

 -A superficie coa que se realiza o golpeo pode ser lisa ou rugosa.

-A pala debe ter un cordón (non mais de 35 cm de largo) que se acopla na boneca para garentir a seguridade, e debe ser obrigatorio seu uso.

Podemos diferenciar tres formas de palas: Diamante, redonda e lágrima.


Diamante

Está creada para os que buscan potencia.


Redonda


Este tipo de pala ten como característica principal o control e bo manexo.


Lágrima




As palas con esta forma buscan polivalencia e equilibrio entre potencia-control.


A pelota deberá ser unha esfera de goma con unha superficie exterior uniforme de cor branca ou amarela. Seu diámetro debe medir entre 6,35 e 6,77 cm e seu peso estará entre 56,0 e 59,4 gramos. Debe ter unha presión entre 4,6 e 5,2 kg por cada 2,54 cm cadrados.




REGULAMENTO


-A puntuación nun xogo:

O primeiro punto que gana unha parella suma 15 puntos, o segundo, 30, o cuarto, 40 e despois de que gane o cuarto punto, obten un xogo. Si o xogo está disputado e o contrincante o empata a 40, hai que desempatar. Para desempatar e gañar o xogo, un dos dous ten que sumar dous puntos seguidos. De 40 iguales pasase a ventaxa e de ventaxa a punto de xogogo. A situación de iguales pode repetirse tantas veces como sexa necesario durante o xogo.


-A puntuación nun set:


Os partidos dividense en sets. O mellor de tres sets é o campeón. Si un xogador gaña os dous primeiros, gaña o partido, xa que non hai que disputar o terceiro.

A parexa gañará un set cando gane seis xogos. Si se leva seis xogos e conta con dous xogos de ventaxa sobre seu rival  levarase o set. Si hay empate a seis xogos, xogarase un tie-break, e dicir, un desempate. No tie-break cada punto que se gañe, sumarase un punto. O primeiro que chegue a 7 puntos gaña o xogo.No terceiro set non hai tie-break, así que os xogadores irán xogando xogos hasta que un de os dous gañe por diferencia de dous xogos ao rival.



O saque:

- O que realiza o saque debe ter os pes por detrás da línea de saque e debe lanzar a bola en dirección ao recadro diagonal contrario. O servidor ten dous intentos de saque.





- O servidor debe botar a bola anteriormente para realizar o saque.

-No momento do saque o xogador que o efectúe non pode correr nin saltar, senon será invalidado.

-A parexa que se dispoña a sacar no primeiro xogo de cada set decidirá cal dos dous membros empeza sacando.

- O servidor non sacará ata que o restador non estea preparado.

- Considérase falta se: o servidor erra no momento de golpear a bola e non lle da, se bota no recadro e toca na verxa e non no cristal ou parede, a pelota toca contra o noso compañeiro, a bola sale pola porta...




Cambio de campo:

-As parellas cambiarán de campo cando a suma dos xogos disputados de cada set sexa número impar.  

-No “tie break” os xogadores cambiarán de campo cada 6 tantos.
 
 -Si se comete un erro e non se produce o cambio de campo, os xogadores correxirán dita situación tan pronto como sexa descuberto o erro, seguindo a orde correcta. Todos os tantos contados antes de advertirse o erro son válidos. No caso en que ao apercibirse do erro se houbese xa realizado un primer servizo en falta so se terá dereito a un servizo máis.




TÉCNICA

Para empezar imos ver os golpes básicos de pádel, pero para poder executalos a perfección debemos ter unha boa posición de espera. Esto axudaranos a ter unha boa capacidade de anticipación, chegar antes a bola, reaccionar antes e ter unha boa posición a hora de golpear.


Para eso debemos ter en conta unha serie de aspectos en canto a posición

- A pala debe estar nunha posición elevada.

- As rodillas deben estar lixeiramente flexionadas.

-O torso con unha certa inclinación cara adiante.

-A man libre debe ir ao corazón da pala mentres esperamos a intervir.

-O peso do corpo debe recaer sobre as puntillas para así estar en tensión.

-Despois de realizar un golpe debemos volver a posición de espera.

-A orientación do corpo é fundamental para realizar calquera golpe en boas condicións.



Os golpes básicos son os seguintes:


-O saque. Si se consigue realizar un bo saque, temos mais posibilidades de levarnos o punto á nosa favor. O xogador debe efectualo detrás da línea, botando a pelota anteriormente para despois golpear a pelota a unha altura por debaixo da cintura, intentando metela dentro do cadro de saque.




-O drive ou dereita é o golpe máis común neste deporte e o que máis se utiliza (no saque, no resto de dereita, nun contragolpe..). O golpe realízase entre a rodilla e a cadeira e hai que levar o peso ao pé que se encontra diante.

Á sua vez podemos diferenciar o golpe de dereita en dereita plana, cortada e liftada.





-O revés ven sendo un golpe mais defensivo (xa que comparandoo co golpe de drive este é máis débil) e para realizalo debemos coller a pala cun agarre de ``empuñadura contintental´´, no momento posterior ao golpeo é moi importante que a pala continúe seu xiro e acabar a altura do hombro.





-A volea é un golpe que en pádel se realiza normalmente cerca da rede e sin que bote a pelota. Para executalo debemos imprimir un efecto cortado en busca da parede e debe ser un movemento ràpido.





-A bandexa é un dos golpes máis importantes en canto a táctica e dos máis complicados técnicamente. Este golpe é usado na mayoría dos casos nos que o rival nos manda globos ao fondo da pista mentres nos estamos mais preto da rede e non queremos rematar forte para non xerar un posible rebote que lle de ventaxa ao rival.


Neste vídeo podemos ver como Bela realiza técnicamente a perfección unha serie de bandexas.



-Smash ou tamen coñecido como remate, é un golpe de ataque e potente que ten como intención finalizar o punto. Intentarase realizar este golpe cando esteamos preto da rede.

A continuación podemos ver unha imaxe onde se explica a preparación previa a este golpe.







-O globo é un golpe defensivo que consiste nunha parábola para mandar ao rival a fondo de pista, ou tamen usar un globo alto para dificultar a devolución. 






GOLPES AVANZADOS

-A víbora é un golpe de ataque moi parecido á bandexa, só que este ven sendo máis agresivo. Con este golpe buscamos profundidade intentando que rebote con pouco ángulo e baixa, para dificultar a devolución do rival facendo punto ou que nos chegue unha bola ``cómoda´´.






-Remate x3: Chámase así porque sale polo lateral (a verxa) que mide 3 metros, bote no chan e posteriormente toca a parede do fondo.




- O remate x4 é un remate no que sacaremos a bola directamente fora en dirección á parede do fondo,  a través de un bote no campo rival. A priori considérase de potencia pero tamén é un golpe que require unhos niveles técnicos altos para poder executalo ben.






- A baixada de parede é habitualmente un golpe de ataque que realizamos dende o fondo da pista cando a bola toca na parede e nos queda nunha situación favorable e cómoda. Na mayoría dos casos non é unha bola para facer punto, senon para continuar o xogo e complicarllo ao rival. Normalmente executamos este golpe cando o rival non é capaz de realizar un bo globo.






- A contraparede é un golpe de recurso que se realiza cando a bola nos queda moi cerca da parede, nos sobrepasa e non podemos executar un golpe normal en garantías.



TÁCTICA


En pádel, a diferencia doutros deportes, non hai moitas tácticas específicas por así decilo, pero o que si que podemos aportar é que normalmente nun partido a parexa que máis erros cometa posiblemente sexa a perderora, en xeral debemos ser máis conservadores para non perder bolas fáciles.

Algunhos dos principais consellos tácticos son:

- Non subir a rede por subir, hai que saber elexir o momento correcto e adecuado á situación do partido.

- Coller confianza co teu compañeiro dende o fondo da pista, executando todo tipo de golpes e analizando ao equipo rival e o tipo de partido que plantean.

-Controlar a adrenalina na hora de subir a rede para así aforrar enerxía e tamen controlar os golpes máis complicados que sexan de potencia para non fallalos.

En canto ao posicionamento podemos decir que:

- Debemos ter sempre unha boa colocación na pista para poder chegar ao mayor número de bolas posibles

-Temos que ter en conta a posición de noso compañeiro e comunicarse cando corresponda 

- Dependendo das condicións do partido ( como estea o campo e o estilo do rival)  podemos modificar a forma de xogar.

- Hai que ter claro como se vai xogar e ter recursos para modificar a táctica a medida que transcurre o partido, unha boa táctica pódese impoñer a unha boa técnica.

-En defensa situaremonos por detrás da línea de saque nin moi pegados ao fondo e a un metro e medio da parede lateral mais ou menos. Cabe aportar que en cada golpe que nos obligue a desplazarnos, debemos na mayor parte dos casos volver a esta posición.



Falando máis en concreto dos movementos da parexa, si un dos xogadores se move lateralmente para golpear unha bola, outro debe moverse para o mesmo lado para non deixar ocos e cubrir o centro da pista.


Nesta imaxe podemos apreciar a posición dos membros da parexa nas distintas direccións das que ven a bola.


A continuación veremos un vídeo no que se explica á perfección como cubrir os ocos cunha táctica chamada LIMPIAPARABRISAS.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOTIVACIÓN Y AUTOCONFIANZA

 La autoconfianza es la convicción de realizar todo lo que una persona se proponga ante las dificultades que aparezan. Podemos distinguir t...